Recorre todas as áreas do coñecemento de Galiza (bioloxía, xeoloxía, xeografía, lingüística, sociedade, política, economía, novas tecnoloxías, etcétera), un adianto nos saberes sobre o ser e a posibilidade do país, unha obra de esperanza e xuventude, aberta a todos os quefaceres «e non monumento funerario de cinzas mortas» [Otero Pedrayo]. A GEG ofrece tamén unha completa visión da ciencia, da arte, das letras e da cultura galega en xeral. Integra unha abundante e complexa información sobre a vida do país en todos os seus aspectos. Á parte da nova sumaria, recóllense verdadeiros tratados monográficos relativos a temas de substancial interese. |
Afondan nas seguintes áreas: viaxes, xeomorfoloxía, poboación e acción xeodemográfica, xeografía económica e espazo urbano. Analizan o estadio galego, diverso e contrastado, froito dunha natureza en continuo proceso de transformación e dunha sociedade desigual na que sobreviven vellas estruturas orixinándose outras completamente novas. Sobre unha natureza en continuo cambio e a través dunha sociedade dinámica xurdiu a ampla gama de paisaxes que se suceden dende o litoral ata as serras. Para que entre polos ollos, máis de dúas mil fotos a toda cor, mapas, figuras, deseños e outro material gráfico complementan a máis moderna e actualizada síntese da Xeografía de Galiza en todas as súas vertentes (física, demográfica, económica ou humana).
|
Fundamentan a natureza galega (bioloxía mariña, flora, vexetación e zooloxía) a través dun extenso traballo desenvolvido polos máis salientables expertos en bioloxía adscritos ás universidades do país. A vida mariña e terrestre, coas súas singularidades, metodoloxía e fundamentos de orixe, contrasta coa flora e vexetación da xeografía galega, tanto allea coma autóctona, na que se desenvolveron e aínda sobreviven distintas especies que configuran a singularidade animal e vexetal. A análise, mesmo, sobre o comportamento humano respecto á natureza e sobre os coidados daquelas áreas de especial protección, debe orixinar un cambio para que non desaparezan algunhas das comunidades que viven no noso ambiente e que se achan en perigo de extinción. |