Presentación |
|
|
A Gran Enciclopedia Galega é unha ambiciosa obra que descobre o acontecer cultural de Galiza, un campo aberto, un alicerce de información, imaxinativa, actual e duradeira: a obra enciclopédica fundamental da expresión de Galiza de todos os tempos. |
|
«Unha obra editorial aberta e descubridora dunha senlleira cultura e luz ao servizo da lámpada vixiante do estudo». Otero Pedrayo, patriarca das Letras Galegas, lembraba dúas obras clásicas exemplares pola súa perfecta feitura: Carta xeométrica, de Domingo Fontán, e Historia da Iglesia Compostelana, de López Ferreiro. E o gran mestre da literatura galega non dubidou en comparar a Gran Enciclopedia Galega coa mesma «fonda, soante carballeira da historia de Galiza», dado que pertence xa ao inmenso «río do noso ser». Pasado, presente e futuro de Galiza. Un atino editorial desenvolvido por e para os galegos. Trátase dunha obra elaborada por un grande equipo multidisciplinar de máis de 1.000 colaboradores, con traballos asinados polos máis salientables especialistas. A Gran Enciclopedia Galega recolle a descrición humana, histórica e artística dos concellos, parroquias e lugares que compoñen a actual división administrativa de Galiza, así como centos de biografías de escritores, artistas, científicos, deportistas, políticos, etcétera. Unha salientable contribución á cultura galega. A GEG é unha fonte de saber para que o conxunto da poboación goce dunha información sen límite: a análise da cultura castrexa, a flora e fauna, a emigración, o estudo da heráldica galega, a nova comarcalización, historia do cómic ou do cine, ecoloxismo, eleccións, etcétera. Calquera curiosidade que o galego poida manifestar sobre a súa identidade cultural atopará resposta na Gran Enciclopedia Galega. Obra de manexo necesario nas bibliotecas dos centros de ensino. Trátase dunha das empresas máis salientables da cultura galega, imprescindible para o coñecemento de Galiza. Non é posible imaxinar unha biblioteca pública, privada ou familiar sen o conxunto dos volumes que compoñen a Gran Enciclopedia Galega. A este singular e inxente labor informativo hai que engadirlle o complemento gráfico, unha inxente contribución a través de documentos de difícil acceso e sobre múltiples riquezas artísticas. . |