Ficha Técnica |
Información ao día Todo canto un queira saber, tanto do pasado coma do presente ou do devir, verao reflectido na Gran Enciclopedia Galega. |
Volumes 66 tomos de 275 páxinas por volume. |
Todas as áreas sobre o coñecemento de Galiza aparecen tratadas polos máis eminentes especialistas na materia. |
Encadernación Luxosamente encadernada en dous acabados: un en guaflex vermello, con estampados en ouro e negro; outro denominado Castelao, destinado á edición de luxo, con gardas en tea de seda, cosido a man e con estampados en ouro e negro, que inclúe cinta de rexistro. |
Ademais do inxente labor informativo, a Gran Enciclopedia Galega vai acompañada por un extenso complemento gráfico para facilitar a lectura. |
Estucado en brillo de 170g/m2. |
Como non podía ser doutro modo, unha obra orixinal é unha obra de arte. De aí o seu exemplar deseño e a súa singular encadernación. |
Formato 20 x 28 centímetros. |